Jordi Solé e Francesc Sardà - Por que é que a Crise non acabará Nunca

Este non é un libro máis sobre a crise económica, nin é un libro máis sobre o teito do petróleo, a pesar de que trata ambos temas. Tampoco é un libro con información  única ou inédita. Porén, a maior virtude desta obra é ser capaz  de sintetizar en pocas páxinas as cuestions máis relevantes que permiten observar unha mesma realidade que manifesta diversas faces. E isto, que poderia semellar simples, en verdade é uma ardua tarefa que os autores culminamcon éxito. Dar resposta a tantos interrogantes como os que se abren cando se formula a cuestión dunha diminución drástica da dispoñibilidade de petróleo convencional nun futuro próximo obriga, as máis das veces,  a extensas explicacións que non sempre  son fáciles  de comprender para persoas non especializadas nesta temática. Alén diso, circula moita información que, sobre postulados non sempre demostrábeis, tende a menosprezar o problema con argumentos tecnoptimistas, ou baseados nunha fe cega na capacidade ilimitada dos mercados para axustar os problemas de escaseza de qualquer tipo de recurso, Xoán R. Doldán García.

Edição: Asociación Touda / Véspera de Nada.

Tradución (para o Galego): Manuel Saavedra.

Galiza. 2016. 44 Págs. broch.
7,00 €.